miércoles, noviembre 07, 2007

DAVID CHOCOLATON

Bueno, a peticion popular femenina (?) hoxe voulle adicar o blog a ese "gran" guitarrista (si, entre comillas ¬¬, que me puxeron unha pistola no peito...) que se chama David Zarandon mais coñecido como "David Z" ou "David Chocolaton"
O chaval en cuestion e este (observese a súa actitude chulesca):



Pois ben, ahora conto a verdadeira historia de este elemento:

David Chocolaton toca nun grupo que se chama FALLEN SENTINEL no cal por certo entrou de enchufe: Pois antes habia estado en outro famoso grupo a nivel mundia no cal era seguido por millons de fans queinceañeiras.O grupo en cuestion era este:Recoñecedelo?
Non, verdade?
Pois todo ten unha explicacion:
O seu antigo grupo separouse e David Chocolaton tivo ke deixarse greñas e intentar pasar o mais desaercibido posible...pois cando o seu grupo se desfixo esto foi o ke se liou a nivel mundial.Asi que por conta que lle tivo non lle kedou mais remedio ke pasar polo bisturi e deixarse greñas.




De todas formas inda lle keda algo da sua actitud chulesca.Co seu novo grupo fai concertos pero mentras os demais traballan arreo debanandose os sesos pa ke todo saia ben, como montar o escenari e todo o tinglado (vexase a foto)O señorito David Chocolaton dedicase a mirar e a ensaiar as caras que lle vai poñer as suas grupies...mentras os demais se debanan os sesos...
Eso si...O rapas no escenario plancha un huevo.E si non mirade estas fotos:




O final resulta que o rapaz esta aprendendo a tocar e todo por que cando estaba no seu grupo pa quinceañeiras todo era playback.E non o fai nada mal.Hai xente que di que é un gran guitarrista.Debe selo por que me consta que se pasa largas estancias en Miami beach conducindo un Mustang mentras as chatis se deixan querer e el tamen.
Esperemos que o seu secreto este a salvo por que hai moitas nais con moi mala ostia por ahi adiante que tiveron que aguantar as chaladas das suas fillas cando éste desapareceu.

Por certo Chocolaton, si algun dia lees esto que sepas que o teu ex-compañeiro Robin Williams che manda saúdos dende o centro de desintoxicacion.

Concerto de NOCHENI

Bueno moz@s!!!!
que sepades que o sabado teño un concerto que non vos debedes perder por nada.Espero vervos polo esmorga movendo o cú por que si queriades caxondeo e festa idela a ter.



Eles son NOCHENI (Redondela) e aqui vos deixo un video e a direccion do seu myspace pra que lle botedes un ollo.

http://www.myspace.com/nocheni



Marica o que non veña XDDDDDD

domingo, noviembre 04, 2007

Fotos de "FALLEN SENTINEL"

Deixo unhas fotos de "FALLEN SENTINEL" no Esmorga.Espero que vos gusten.



jueves, octubre 04, 2007

FALLEN SENTINEL (sabado20 de octubre, 23:00h)



FALLEN SENTINEL fórmase en 1997.O seu concepto musical basase na elaboración de atmosferas orquestales apoiadas pola labor de DÚAS teclistas que se complementan armónica e molódicamente coa forza dos riffs, o virtuosismo nos solos de guitarra e baixo e a contundencia da batería.
A dualidade vocal masculina-femenina xenera un resultado que se ensambla a perfección coa complexidade da súa música.

FALLEN SENTINEL quedaron vencedores no 1º certamen Revoltallo-Cidade de Vigo donde competian con outras 18 bandas.

Si hai unha palabra para definir a este grupo esa é MAXESTUOSIDADE pola súa forma de estar nun escenario e por as súas composicions.

lunes, octubre 01, 2007

A nova vocalista de NIGHTWISH

Bueno, aqui temos a nova vocalista de "NIGTHWISH"...a min non me acaba de convencer.
Gustame pero Tarja daballe outro rollo.Esta vocalista inda que ten unha gran voz faiseme como mais común.Menos mal que inda nos queda Marco Hietala ( baixista e segundo vocalista de NIGTHWISH, o mesmo que canta "while your lips are still red")
Que opinades vos?


THERION

Que grupazo descubrin gracias a Victor.Mellor dito, estou descubrindo ainda.Cada vez que me atopo con algo de eles sorprendome.O outro dia mandaronme este video.Que preciosidade de cancion.
Non me digades que non é unha bonita mezcla de voces de ópera con metal.E que é unha preciosidade.Que voces!
QUE GRUPAZO!!!!!!
Dios que grandes!!!


A ver si algun dia veñen polo Esmorga (jajaja!!!)

PRÓXIMOS CONCERTOS

Proximamente poderemos ver no "Esmorga" a:

-FALLEN SENTINELL (Sabado, 20 de Octubre)
-MARTHYRIUM +BALROG (sabado, 27 de Octubre)
-NOCHENI (por confirmar fecha)
-ARDEGAN(sabado, 1 de decembro)
-TRASHNOS(por confirmar fecha)

sábado, septiembre 15, 2007

Dous Grupos, Doble Caña!

O concerto de Travelers e Codename deixou ademais de un bo sabor de boca unhas imaxes para o recordo que enlazamos dende aquí.
¡Que continue a Esmorga!

jueves, agosto 23, 2007

TRAVELERS+CODENAME (Sabado 1 de setembro)

Para os que non teñades nada mellor que facer o dia 1 de setembro decirvos que teremos a sorte de poder ver a estes dous grupos xuntos.
O concerto empezara sobre as 23:00 e non mais tarde das 23:30 posto que son dous grupos e se nos pode alongar moito a cousa e pode haber problemas asi que os que realmente lles interese o concerto quedan avisados.

Travelers fan folkmetal, e un tema seu (cancro cú) foi elexido como single para asi poder ser pinchado no Maketón Estrella Galicia (Los 40 principales)

Aquí vos deixo o enlace o "myspace" de Travelers:

http://www.myspace.com/travelersfolkmetal


Tamen deixo o enlace para o "myspace" de Codename, dos cales poderedes leer un pouco da súa biografia neste mesmo blog.

http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=145470053
Esperamos vervos por ali a todos!!

martes, julio 24, 2007

GALLAECIAN METAL FESTIVAL



O venres 13 e 14 se Xulio celebrouse en Teis o "GALLAECIAN METAL FESTIVAL".
que decir de este festival...espero que para o ano poidamos disfrutar dun segundo festival adicado o metal galego.Polo que teño entendido foi todo un éxito.E para os que non estivechede ali aquí vos deixo unhas fotos.

A min persoalmente os que mais me gustaron foron to "Nowhere", "Ardegan" e "Fallen Sentinel".Disfrutei moito deste festival, como me cundeu...

martes, julio 17, 2007

O novo video de ESENIA

Aqui tendes o video de Esenia, correspondente o seu single "Fragmentos". Que presentaron no seu paso polo Esmorga

viernes, junio 29, 2007

CODENAME en Setembro no "Esmorga"


CODENAME nace coma grupo no ano 98.
Nos seus inicios tantean varios estilos ata que co paso do tempo e a incorporacion de outras tendencias e estilos musicais van adquirindo maior persoalidade.As súas influencias son variadas (pantera, faith no more,rage against the machine...etc)
Codename graba no 2005 unha demo en ingles con catro dos seus temas mais representativos, que é moi ben acollido e obten moi boa crítica.

Actualmente CODENAME estan a punto de de entrar a gravar o que sera o seu primeiro disco no que as letras son en castelán.

CODENAME ten un directo cargado de enerxia.
Telonearon a "Baron rojo" e a "el ultimo que cierre entre outros"

Xa sabedes...idevos apuntando este concerto que tamen promete....logo non digades que non vos avisamos...

domingo, junio 24, 2007

TO NOWHERE volta ó esmorga.


O grupo de Pontevedra estará no esmorga o dia 7 de xulio.
To Nowhere empezaron facendo "death metal" e foron evolucionando a un metal moito mais melódico.


Despois de este concerto farei un descanso e estarei unha temporada sin concertos.Haber si facemos que este ultimo concerto que sexa especial.

jueves, junio 14, 2007

Concerto de SHROUD OF TEARS

Esta banda viguesa estara no esmosga o dia 30 de xuño (sabado).Non vos perdades este concerto que tamen promete,¿ verdade Victor?

martes, junio 05, 2007

ESENIA en concerto no "esmorga" (por fin!)

O 22 de xuño (venres) estara o grupo vigues no esmorga.Victor habiame falado moi ben deles así que un día marchei a velos a Vigo e a verdade e que me gustaron moito, moitisimo.
Esenia é un grupo que se formou no 2004 con xente de varias bandas de esa cidade.En principio deciden facer versions de xente como "HIM" e "the 69 eyes" entre outros.Pronto dan o seu primeiro concerto os que siguen outros moi seguidos.Inclúso participan en un festival no que obteñen moi boas críticas por parte do público e a prensa.
Nesta xira denominada "Tour Fractal"presentannos o seu novo traballo.Así que xa sabedes...
a disfrutalos antes de que se sirvan en grandes escenarios, que seguro o faran...

Espero vervos ali!!!
Por certo, este grupo fai musica rock/ gotica/metal.

PD.Capiiiiii!!! non me falles!!!

martes, mayo 15, 2007

NOITE DO MERCORES 16...FESTAAAA!!!

A noite do mercores faremos unha "Jam session" no Esmorga.Hubesemos querido contar con "X-trume" pero non puido ser.
A noite non vai estar adicada as letras galegas especialmente pero intentaremos facer unha festaza que supere a do ano pasado.Tamen faremos unha queimada rica rica...e con fundamento!
nesta "jam" colaboraran xente de "Lactantes" e "El bosque ambulante".Tamen esta invitado "Victor Carallada".
Esperamos vervos ali pa montar unha boa festa!

El Bosque ambulante

Lactantes

Victor Carallada

miércoles, marzo 28, 2007

Cconcerto de "CORNUCOPIA" (proximamente)



"Cornucopia"é un grupo que se adica a facer versions de temas dos anos 70 e 80, rock clásico fundamentalmentede grupos coma "RAINBOW", "BLACK SABBATH","DEEP PURPLE"...
Os proxectos futúros desta banda pasan por tratar de compoñer os seus propios temas que segun eles será un rock sinxelo...en galego ou castelan.

domingo, marzo 25, 2007

LACTANTES EN CONCERTO NO ESMORGA


Dende Vilagarcia nos chega este grupo totalmente diferente...non vos vou contar mais solo que hapi esta no medio e que é algo totalmente distinto a maioria dos concertos que se fan no esmorga.este concerto esta fixado para o dia 5 de maio (sabado)

miércoles, marzo 21, 2007

CONCERTO DE ARDEGAN (sábado 21 de Abril)




E para os amantes do Metal temos unha boa noticia...ARDEGAN volve a estar no esmorga!!!
Ademais hai outra boa noticia: A volta dese pedazo guitarrista que é Alipio!!! O concerto farase o día 21 de abril (sabado) si non surxe ningun inconvinte.
ALI ESPERAMOS VERVOS A TODOS!!!

lunes, marzo 19, 2007

e outra recomendación

Caótico pero apaixoado este grupo chámase os Blood Brothers e podedes ter claro que o seu é o noise. (Sí, póñolles a etiqueta que me pareza)
Déixovos dous enlaces para non marear con información redundante:: http://thebloodbrothers.com/ e http://www.myspace.com/thebloodbrothersband


P.D.:: Por certo que o anterior post é o Empire de Kasabian...

unha recomendación para esta semana

sábado, marzo 10, 2007

Concerto de ENKORD (26 deMaio, sabado)

Bueno amigos...e como non queremos baixar o ritmo no Esmorga aqui vos vai outro dos concertos que poderedes disfrutar.Despois de escoitar a demo solo vos podo dicir
que me gustaron moito.Pero iso si...non é apto para cardíacos...

domingo, febrero 25, 2007

Benvidos!!!

Noraboa se chegaches ata aquí, porque non é nada fácil!!!
Dende estas liñas queremos invitarvos a vir a Cambados a tomarlle unha, e se vides, pasade pola Esmorga.
Despois xa falaremos.
Por outro lado, deixamos no perfil a dirección á que podedes escribir (pub.esmorga@gmail.com, por se acaso) para calquer comentario ou se tedes un grupo interesado en tocar en directo.
Nos temos interés e vos tamen? Xa somos dous a facer que a movida nocturna traiga algo máis que alcohol e leve marcha e cultura!
Saudos.

lunes, febrero 12, 2007

ToNowhere Metal desde Pontevedra o dia 24 de Febreiro



Tornamos de novo a ter concertos, o dia 24 de febreiro estarán ToNowhere a tocar no Esmorga. Coñecédeos na sua web
Aqui tendes un link tamén ó myspace do Gallaecian Metal Compilation