miércoles, marzo 28, 2007

Cconcerto de "CORNUCOPIA" (proximamente)



"Cornucopia"é un grupo que se adica a facer versions de temas dos anos 70 e 80, rock clásico fundamentalmentede grupos coma "RAINBOW", "BLACK SABBATH","DEEP PURPLE"...
Os proxectos futúros desta banda pasan por tratar de compoñer os seus propios temas que segun eles será un rock sinxelo...en galego ou castelan.

domingo, marzo 25, 2007

LACTANTES EN CONCERTO NO ESMORGA


Dende Vilagarcia nos chega este grupo totalmente diferente...non vos vou contar mais solo que hapi esta no medio e que é algo totalmente distinto a maioria dos concertos que se fan no esmorga.este concerto esta fixado para o dia 5 de maio (sabado)

miércoles, marzo 21, 2007

CONCERTO DE ARDEGAN (sábado 21 de Abril)




E para os amantes do Metal temos unha boa noticia...ARDEGAN volve a estar no esmorga!!!
Ademais hai outra boa noticia: A volta dese pedazo guitarrista que é Alipio!!! O concerto farase o día 21 de abril (sabado) si non surxe ningun inconvinte.
ALI ESPERAMOS VERVOS A TODOS!!!

lunes, marzo 19, 2007

e outra recomendación

Caótico pero apaixoado este grupo chámase os Blood Brothers e podedes ter claro que o seu é o noise. (Sí, póñolles a etiqueta que me pareza)
Déixovos dous enlaces para non marear con información redundante:: http://thebloodbrothers.com/ e http://www.myspace.com/thebloodbrothersband


P.D.:: Por certo que o anterior post é o Empire de Kasabian...

unha recomendación para esta semana

sábado, marzo 10, 2007

Concerto de ENKORD (26 deMaio, sabado)

Bueno amigos...e como non queremos baixar o ritmo no Esmorga aqui vos vai outro dos concertos que poderedes disfrutar.Despois de escoitar a demo solo vos podo dicir
que me gustaron moito.Pero iso si...non é apto para cardíacos...

domingo, febrero 25, 2007

Benvidos!!!

Noraboa se chegaches ata aquí, porque non é nada fácil!!!
Dende estas liñas queremos invitarvos a vir a Cambados a tomarlle unha, e se vides, pasade pola Esmorga.
Despois xa falaremos.
Por outro lado, deixamos no perfil a dirección á que podedes escribir (pub.esmorga@gmail.com, por se acaso) para calquer comentario ou se tedes un grupo interesado en tocar en directo.
Nos temos interés e vos tamen? Xa somos dous a facer que a movida nocturna traiga algo máis que alcohol e leve marcha e cultura!
Saudos.

lunes, febrero 12, 2007

ToNowhere Metal desde Pontevedra o dia 24 de Febreiro



Tornamos de novo a ter concertos, o dia 24 de febreiro estarán ToNowhere a tocar no Esmorga. Coñecédeos na sua web
Aqui tendes un link tamén ó myspace do Gallaecian Metal Compilation