sábado, septiembre 15, 2007

Dous Grupos, Doble Caña!

O concerto de Travelers e Codename deixou ademais de un bo sabor de boca unhas imaxes para o recordo que enlazamos dende aquí.
¡Que continue a Esmorga!

jueves, agosto 23, 2007

TRAVELERS+CODENAME (Sabado 1 de setembro)

Para os que non teñades nada mellor que facer o dia 1 de setembro decirvos que teremos a sorte de poder ver a estes dous grupos xuntos.
O concerto empezara sobre as 23:00 e non mais tarde das 23:30 posto que son dous grupos e se nos pode alongar moito a cousa e pode haber problemas asi que os que realmente lles interese o concerto quedan avisados.

Travelers fan folkmetal, e un tema seu (cancro cú) foi elexido como single para asi poder ser pinchado no Maketón Estrella Galicia (Los 40 principales)

Aquí vos deixo o enlace o "myspace" de Travelers:

http://www.myspace.com/travelersfolkmetal


Tamen deixo o enlace para o "myspace" de Codename, dos cales poderedes leer un pouco da súa biografia neste mesmo blog.

http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=145470053
Esperamos vervos por ali a todos!!

martes, julio 24, 2007

GALLAECIAN METAL FESTIVAL



O venres 13 e 14 se Xulio celebrouse en Teis o "GALLAECIAN METAL FESTIVAL".
que decir de este festival...espero que para o ano poidamos disfrutar dun segundo festival adicado o metal galego.Polo que teño entendido foi todo un éxito.E para os que non estivechede ali aquí vos deixo unhas fotos.

A min persoalmente os que mais me gustaron foron to "Nowhere", "Ardegan" e "Fallen Sentinel".Disfrutei moito deste festival, como me cundeu...

martes, julio 17, 2007

O novo video de ESENIA

Aqui tendes o video de Esenia, correspondente o seu single "Fragmentos". Que presentaron no seu paso polo Esmorga

viernes, junio 29, 2007

CODENAME en Setembro no "Esmorga"


CODENAME nace coma grupo no ano 98.
Nos seus inicios tantean varios estilos ata que co paso do tempo e a incorporacion de outras tendencias e estilos musicais van adquirindo maior persoalidade.As súas influencias son variadas (pantera, faith no more,rage against the machine...etc)
Codename graba no 2005 unha demo en ingles con catro dos seus temas mais representativos, que é moi ben acollido e obten moi boa crítica.

Actualmente CODENAME estan a punto de de entrar a gravar o que sera o seu primeiro disco no que as letras son en castelán.

CODENAME ten un directo cargado de enerxia.
Telonearon a "Baron rojo" e a "el ultimo que cierre entre outros"

Xa sabedes...idevos apuntando este concerto que tamen promete....logo non digades que non vos avisamos...

domingo, junio 24, 2007

TO NOWHERE volta ó esmorga.


O grupo de Pontevedra estará no esmorga o dia 7 de xulio.
To Nowhere empezaron facendo "death metal" e foron evolucionando a un metal moito mais melódico.


Despois de este concerto farei un descanso e estarei unha temporada sin concertos.Haber si facemos que este ultimo concerto que sexa especial.

jueves, junio 14, 2007

Concerto de SHROUD OF TEARS

Esta banda viguesa estara no esmosga o dia 30 de xuño (sabado).Non vos perdades este concerto que tamen promete,¿ verdade Victor?

martes, junio 05, 2007

ESENIA en concerto no "esmorga" (por fin!)

O 22 de xuño (venres) estara o grupo vigues no esmorga.Victor habiame falado moi ben deles así que un día marchei a velos a Vigo e a verdade e que me gustaron moito, moitisimo.
Esenia é un grupo que se formou no 2004 con xente de varias bandas de esa cidade.En principio deciden facer versions de xente como "HIM" e "the 69 eyes" entre outros.Pronto dan o seu primeiro concerto os que siguen outros moi seguidos.Inclúso participan en un festival no que obteñen moi boas críticas por parte do público e a prensa.
Nesta xira denominada "Tour Fractal"presentannos o seu novo traballo.Así que xa sabedes...
a disfrutalos antes de que se sirvan en grandes escenarios, que seguro o faran...

Espero vervos ali!!!
Por certo, este grupo fai musica rock/ gotica/metal.

PD.Capiiiiii!!! non me falles!!!

martes, mayo 15, 2007

NOITE DO MERCORES 16...FESTAAAA!!!

A noite do mercores faremos unha "Jam session" no Esmorga.Hubesemos querido contar con "X-trume" pero non puido ser.
A noite non vai estar adicada as letras galegas especialmente pero intentaremos facer unha festaza que supere a do ano pasado.Tamen faremos unha queimada rica rica...e con fundamento!
nesta "jam" colaboraran xente de "Lactantes" e "El bosque ambulante".Tamen esta invitado "Victor Carallada".
Esperamos vervos ali pa montar unha boa festa!

El Bosque ambulante

Lactantes

Victor Carallada

miércoles, marzo 28, 2007

Cconcerto de "CORNUCOPIA" (proximamente)



"Cornucopia"é un grupo que se adica a facer versions de temas dos anos 70 e 80, rock clásico fundamentalmentede grupos coma "RAINBOW", "BLACK SABBATH","DEEP PURPLE"...
Os proxectos futúros desta banda pasan por tratar de compoñer os seus propios temas que segun eles será un rock sinxelo...en galego ou castelan.

domingo, marzo 25, 2007

LACTANTES EN CONCERTO NO ESMORGA


Dende Vilagarcia nos chega este grupo totalmente diferente...non vos vou contar mais solo que hapi esta no medio e que é algo totalmente distinto a maioria dos concertos que se fan no esmorga.este concerto esta fixado para o dia 5 de maio (sabado)

miércoles, marzo 21, 2007

CONCERTO DE ARDEGAN (sábado 21 de Abril)




E para os amantes do Metal temos unha boa noticia...ARDEGAN volve a estar no esmorga!!!
Ademais hai outra boa noticia: A volta dese pedazo guitarrista que é Alipio!!! O concerto farase o día 21 de abril (sabado) si non surxe ningun inconvinte.
ALI ESPERAMOS VERVOS A TODOS!!!

lunes, marzo 19, 2007

e outra recomendación

Caótico pero apaixoado este grupo chámase os Blood Brothers e podedes ter claro que o seu é o noise. (Sí, póñolles a etiqueta que me pareza)
Déixovos dous enlaces para non marear con información redundante:: http://thebloodbrothers.com/ e http://www.myspace.com/thebloodbrothersband


P.D.:: Por certo que o anterior post é o Empire de Kasabian...

unha recomendación para esta semana

sábado, marzo 10, 2007

Concerto de ENKORD (26 deMaio, sabado)

Bueno amigos...e como non queremos baixar o ritmo no Esmorga aqui vos vai outro dos concertos que poderedes disfrutar.Despois de escoitar a demo solo vos podo dicir
que me gustaron moito.Pero iso si...non é apto para cardíacos...

domingo, febrero 25, 2007

Benvidos!!!

Noraboa se chegaches ata aquí, porque non é nada fácil!!!
Dende estas liñas queremos invitarvos a vir a Cambados a tomarlle unha, e se vides, pasade pola Esmorga.
Despois xa falaremos.
Por outro lado, deixamos no perfil a dirección á que podedes escribir (pub.esmorga@gmail.com, por se acaso) para calquer comentario ou se tedes un grupo interesado en tocar en directo.
Nos temos interés e vos tamen? Xa somos dous a facer que a movida nocturna traiga algo máis que alcohol e leve marcha e cultura!
Saudos.

lunes, febrero 12, 2007

ToNowhere Metal desde Pontevedra o dia 24 de Febreiro



Tornamos de novo a ter concertos, o dia 24 de febreiro estarán ToNowhere a tocar no Esmorga. Coñecédeos na sua web
Aqui tendes un link tamén ó myspace do Gallaecian Metal Compilation