lunes, marzo 02, 2009

¿¿ Fin ??

O pasado sabado dia 28 de febreiro foi o último dia do Esmorga nas miñas mans.Unha decision que levaba retrasando dende fai moito tempo pois a verdade é que me custaba deixalo por que sei que cada vez hai menos locales para tocar en Galicia e ademais gustame realmente organizar concertos e apoiar a música en vivo.

Falarei claramente:


Levo catro anos asqueada da xente de Cambados exceptuando persoas moi contadas.Realmente o dia da jam me preguntaba "que carallo pintan estes aqui si non veñen nunca?"
Decir que a xente de Cambados (non toda) son xente que non merece un local como o Esmorga, e ademais que sodes bastante tocapelotas. Tachademe de makarra, radical e narcisista, pero o que non penso facer e darvos as gracias.

Levo catro anos levando o Esmorga a trompicons, palmando pasta para que alguns inda digan e pensen que me puxen rica.Si me estivese poñendo rica non o deixaria.

Solo sinto deixar o Esmorga por os grupos, que agora teran un local menos onde tocar, e por min, por que realmente é o que me gusta facer.Non me motiva ter un local onde non se fagan concertos.Non me gusta poñer copas por poñer.De feito contadas copas puxen no Esmorga eu...

Non sei onde nin cando voltarei a andadura pero podo decir que en Cambados non. Quizais non souben amoldarme o pijerio que se move neste pobo.Pero direivos u8nha cousa: Sintome MOI orgullosa de como levei o Esmorga e o nome que lle din. E iso está ahi e é o que me queda de recompensa.


O Esmorga era un local que a xente de Cambados se vos quedaba demasiado grande.E o digo asi , ca voca chea.E doulle as gracias a xente que me apoiou desde afora, por que esa era a xente que eu movia, por que viña xente de Coruña, santiago, Vigo... etc


Non falo desde o enfado nin moito menos, pois o certo é que me quedo aliviada. Pero como ahora me sobra tempo e nunca tiven pelos na lingua encantarame que saibades o que realmente penso.


Nada máis. Un saudo e a seguir facendo o indio e a protestar polos precios a outros locais onde vos aturen. Eu voume a rascar a barriga unha temporada.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Bravo!

Vente para Vigo a montar un garito... Freedom Xlave te apoyaremos siempre!

Brais.

Anónimo dijo...

Gracias Brais!

jajaja! e eu ke pensaba ke este blog non o veia nin Dios!

Moitas gracias ;-)

espero poder o pracer de volver a tervos algun dia no meu proximo local si este se chega a materializar, por ke o ke teño claro é ke ali se farán concertos, pois si non non me interesa.Isto é o que me gusta... dificil de entender si non o vives.

Gracias FX por o apoio ke me dechedes e o ben ke vos portachedes sempre.espero poder cambiar o turno no curro o xoves para poderme acercar a Vigo a vervos.A ver si é posible :-)

Anónimo dijo...

Gracias Brais!

jajaja! e eu ke pensaba ke este blog non o veia nin Dios!

Moitas gracias ;-)

espero poder o pracer de volver a tervos algun dia no meu proximo local si este se chega a materializar, por ke o ke teño claro é ke ali se farán concertos, pois si non non me interesa.Isto é o que me gusta... dificil de entender si non o vives.

Gracias FX por o apoio ke me dechedes e o ben ke vos portachedes sempre.espero poder cambiar o turno no curro o xoves para poderme acercar a Vigo a vervos.A ver si é posible :-)

enlil dijo...

:)
Por desgracia a nós tamén nos tocou vivir cousas do estilo polo norte, en Burela máis concretamente.
O pub Desfase, Despiste ó comezo era un referente do hard rock e metal de toda a mariña xunto con outro ou 2 máis. Cando o meu amigo Angel veu que non daba máis de sí, tocou facer traspaso, e outro tipo con moitos contactos colleuno.
Cando volvimos a ver en qué se convertira aquelo, vimos un local no que non se collía, e unha prima miña andaba por alí.
Por certo, preguntámoslle... porqué non se pasara por ahí antes e díxonos que se decía que dentro había xente rara... cando lle dixen que nosoutros eramos os que tabamos 7 horas por noite dentro.. quedouse.. aaaaammm eu pensaba que eran raros de verdad...jajaja (home, algo particulares poderemos ser, pero raros entrañables XDD ;) )
Así que en todos laos éche o mesmo. Ahora ese local está dia sí dia non cheo... con cousas que poñen no resto dos sitios e con copas un par de € máis caras (ahora quén sabe coa crisis...)
Pero bueno, moita sorte en futuros proxectos, e... por alí andaremos e tomaremos unha á túa salud, miña valente amiga Genma.
Un bico!!

Diego (pero tamén podería tar firmado por meu irmán e outros máis coma Marcos, o rapaz que encontraches por Santiago no concerto de Kathaarsys fai pouco ;) )